Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Restaurante San Andrés
Sobre nosotros
...

Restaurante San Andrés

O Restaurante

Atópase en pleno centro de Betanzos, na rúa dos Anxos ao final dos Soportais. Conta cun local climatizado propicio para longas sobremesas, atendido polos seus donos: Juan Carlos e María Esther. Servizo atento e amable nun local moi acolledor, que conta con acceso adaptado para persoas con discapacidade pola rúa Cruz Verde.

O aforamento é de 42 comensais.

A cociña

Cociña de corte tradicional con toques propios, baseada en produto de mercado, tempada e proximidade.

Son dignos de mención pratos como o salpicón de lubrigante (un referente), as gambas con cachelos, as croquetas vegetarianas, a ensaladilla de peixe, o salmón con aguacate e mango e outros entrantes. Especialidade en peixes ao forno, con distintos mollos e elaboracións como o Rodaballo San Andrés, e pezas enteiras de distintos peixes segundo a súa sazón; e tamén o bacallau ao Tío Xan. Nos pratos de tempada non fallan a lamprea, os chipirones da ría, o bonito de Burela, cogomelos e perdiz estofada. Tamén hai pratos de carne como o jarrete, solombo, chuletitas, etc. Na repostaría caseira, a torta de queixo, o flan de xemas, os @almendrado de Betanzos, a torta de mazá e froitos secos…

Restaurante San Andrés

Descubrenos

Mapa

Contactanos

Se tes dúbidas, ponche en contacto connosco.

O nome da Empresa é obrigatorio.
O email é obrigatorio.
O email non é válido
Un número de Teléfono é obrigatorio.
A mensaxe é obrigatorio.
Enviouse correctamente
Erro enviando a mensaxe