O Restaurante
Situado no trazado do Camiño do Norte, esta casa de comidas ocupa unha antiga palleira totalmente restaurado. A pedra, as vigas de madeira á vista, crean unha atmosfera especial. O conxunto complétase cun Bar-tenda, onde adquirir os ricos produtos delicatessen, a Granxa e a Casa-museo, que encandearán a pequenos e maiores.
A cociña
Auténtica comida caseira con produtos da horta e a granxa propias, que che lembrarán ás comidas da túa avoa. A oferta varía segundo a época do ano, xa que se utilizan produtos de tempada para a súa elaboración. O seu prato forte é a tenreira ao queixo.