Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Casa de Sixto
Sobre nosotros
...

Casa de Sixto

O establecemento

A Casa de Sixto é unha casa rural tipicamente galega con máis dun século de existencia; na actualidade totalmente rehabilitada respectándose na medida do posible a configuración orixinal así como todo o seu mobiliario.

 

Está situada en Sas, aldea pertencente ao Concello de Paderne, a cinco minutos de Betanzos (antiga capital do Reino de Galicia) e a outros tantos da praia de Miño, do Pedrido e de numerosas zonas de interese turístico.

 

A casa

Esta centenaria casa de labranza, actualmente convertida en casa rural, é ben coñecida pola hospitalidade dos seus donos, o seu bo facer e a súa boa cociña.

 

Localízase na pequena aldea de Sas, preto de Betanzos, nunha contorna ideal para gozar da natureza. A leira conta con piscina e zona para nenos.

 

A cociña

A súa cociña caracterízase pola gastronomía tradicional galega, baseada nos produtos locais de calidade do territorio da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Casa de Sixto

Descubrenos

Mapa

Contactanos

Se tes dúbidas, ponche en contacto connosco.

O nome da Empresa é obrigatorio.
O email é obrigatorio.
O email non é válido
Un número de Teléfono é obrigatorio.
A mensaxe é obrigatorio.
Enviouse correctamente
Erro enviando a mensaxe