Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Rectoral de Cines (Restaurante)
Sobre nosotros
...

Rectoral de Cines (Restaurante)

O Restaurante

A Reitoral de Cines é un establecemento de turismo rural situado en Oza-Cesuras, a 10 minutos en coche de Betanzos e 20 minutos dA Coruña, que está situado en pleno campo e nun espazo de gran valor histórico, pois é un antigo mosteiro rehabilitado que se atopa na contorna da Igrexa de San Nicolás de Cines, do século XII, declarada Ben de Interese Cultural.

 

Este establecemento está certificado tanto o seu restaurante como a parte de aloxamento na Marca de Calidade da Reseserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Estamos adheridos ao Club de Ecoturismo de España e ao «SICTED”, Sistema integral e permanente de xestión da calidade nun Destino para o “Compromiso de Calidade Turística”. Todo iso, sen dúbida, pon de manifesto a singularidade do establecemento e a riqueza ambiental e patrimonial do medio.

 

O Aloxamento

Situado nunha preciosa leira, a restauración fíxose coidando ao máximo a decoración e os pequenos detalles. O resultado é un espazo confortable e luminoso, onde evadirse e deixarse levar pola calma do campo galego. Ademais, o seu restaurante ofrece o mellor da a nosa gastronomía.

 

A cociña

Unha cea íntima, unha reunión familiar, unha comida de empresa, un aniversario, a primeira comuñón ou o bautizo dos nosos fillos, todo o que se che ocorra pódese facer realidade na Reitoral de Cines.

 

A súa cociña de calidade mestura a tradición coa gran variedade de produtos km 0 e de tempada. O máis fresco e natural da nosa comarca, destacando os produtos da Reserva de Biosfera, son materia prima esencial nos pratos e elaboracións. A resultado fala da nosa terra.

 

O restaurante da Reitoral (recomendado por Michelin e Gourmet) ofrece un servizo de menú ou carta aos seus hóspedes e visitantes, en comedor ou terraza con vistas ao xardín.

Rectoral de Cines (Restaurante)

Descubrenos

Mapa

Contactanos

Se tes dúbidas, ponche en contacto connosco.

O nome da Empresa é obrigatorio.
O email é obrigatorio.
O email non é válido
Un número de Teléfono é obrigatorio.
A mensaxe é obrigatorio.
Enviouse correctamente
Erro enviando a mensaxe